Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Amoeiro / Ourense (comarca)
Parroquia: Trasalba (San Pedro)
Lugar: Albeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

É o panel máis complexo da estación rupestre do Chan da Ferradura. Os motivos representados son podomorfos, rebaixes hemicilíndricos e cadrangulares, cruces irregulares, ferraduras, un serpentiforme, coviñas, e dúas combinacións circulares e outras formas irregulares. A pedra ten 10 metros de longo por 3,20 metros de ancho, medindo de alto mide 1,50 metros. Hai once figuras de pés e outras dúas dubidosas, distinguindo tres pares de pés esquerdo / dereito, que presentan no pé dereito figuración das dedas. Ademais hai tres pés esquerdos sen parella, un deles con dedas, e un pé dereito solto con representación de dedas.

Este petróglifo foi obxecto dunha escavación arqueolóxica, onde foi atopado, un rebaixe na pedra recheo seixos brancos. A través dunha das gretas do petróglifo é posible ver o castro de San Cibrán de Las, punto do horizonte que tamén coincide coa posta do sol o 1 de Febreiro. Por esta razón tense presentado a posibilidade de que este sitio arqueolóxico garda certa relación ca festa céltica do Imbolc.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32002010
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

García Quintela, M. e Santos Estévez, M. 2000Petroglifos podomorfos de Galicia e investiduras reales célticas: estudio comparativo Archivo Español de Arqueología 73:5-26. CSIC. Madrid.

García Quintela, M. V. e Santos Estévez, M. 2004 From rock carvings to celtic weltanschauung in a Ferradura : a sanctuary of the hillfort culture in Northwest Spain. Journal of Indo-european Studies Vol. 32, n. 3-4:: 319-336.

García Quintela, M. V. e Santos Estévez, M. 2004Alineación arqueastronómica en A Ferradura (Amoeiro-Ourense)Complutum 15: 51-74. Universidad Complutense de Madrid

García Quintela, M. V. e Santos Estévez, M., 2008 Santuarios de la Galicia Céltica. Editorial Abada. Madrid.

Santos Estévez, M. 2003 Arte Rupestre y recintos rituales de la Edad del Hierro. SEMATA 14: 37-149. Universidade de Santiago de Compostela

Santos Estévez, M e Yolanda Seoane Veiga. 2005 Escavación no contorno dun petroglifo en A Ferradura (Ourense – Galiza). ARKEOS 15: 37-54. Instituto Politécnico de Tomar.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234ca117.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3776360635
Lonxitude: -7.97992318869
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84