Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oia
Parroquia: Mougás (Santa Uxía)
Lugar: Barcelos (Coto de Barcelos)
Outra denominación do ben: Castro de Castelo Fariño
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O complexo arqueolóxico da Cabeciña localízase nunha área coñecida como Couto de Barcelos, nun lugar de extraordinaria importancia dende o punto de vista estratéxico pola súa situación, a 148 metros de altura sobre o nivel do mar e xunto á liña de costa. Trátase dun enclave cun amplo dominio visual do ámbito, dende o cal é posible controlar o acceso norte á plataforma costeira de Oia. Arqueolóxicamente, tamén se trata dun área moi relevante, xa que nun espazo reducido encontramos dous depósitos de grande importancia, a estación rupestre da Cabeciña, e os restos dun recinto fortificado tipo castro.

A estrutura deste castro é o dunha atalaia defensiva, sobre este promontorio levantouse un poboado cun muro defensivo e un noiro na súa zona Leste, duns 10/15 metros de altura, este gran muro percorre uns 100 metros de lonxitude e protexe un recinto duns 5.500 m² de superficie, contén no seu interior tres recintos perfectamente distinguibles: o primeiro deles, está delimitado por un muro-noiro duns 60 metros, conformando un recinto duns 2.000 m² orientados ao sur, é a zona de hábitat principal, un terceiro muro separa unha segunda terraza e a coroa do poboado integrada por uns batolitos rochosos sobre os que podemos ver pilas naturais xunto a un muíño rupestre fixo, propio da Idade de Bronce, e é que se por algo especial se caracteriza este asentamento é por presentar restos interesantes desta etapa cun conxunto de petróglifos excepcionais, o que nos indica a pervivencia e o uso dun hábitat ao longo de milenios.

Información de http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2013/05/capitulo-iii-de-iv.html


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36036007
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://iesgtballester.juntaextremadura.net/web/profesores/tejuelo/vinculos/articulos/mon09/36.pdf

Sabemos que nun mapa de principios do século XVIII aparece sinalado neste pico unha fortaleza co nome de “Cabestán”, nesa época seguía exercendo unha función de tipo defensivo relacionado coa navegación e a protección deste territorio, o que evidenciaría un longo período de uso e reutilización. Este feito parece indicar a existencia dun auténtico “complexo defensivo” neste tramo de costa, cuxo arranque podería estar na época romana, ou medieval, a partir da formación na Alta Idade Media da “Terra de Turonio”.

Información de http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2013/05/capitulo-iii-de-iv.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.060134664
Lonxitude: -8.8850480318
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84