Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Calvos de Randín / Limia (comarca)
Parroquia: Rubiás dos Mixtos (Santiago) Randín (San Xoán)
Lugar: Santiago-Rubíás -Randín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este camiño dunha lonxitude de 6 km., aproximadamente, comeza no pobo de Santiago, continúa por Rubiás e remata en Tourém (Portugal). Era un privilexio fiscal do que desfrutaban os habitantes do territorio do Couto Mixto, antigo territorio autónomo que se asentaba sobre os actuais concellos de Calvos de Randín e Baltar, e onde se podía escoller libremente a nacionalidade española ou portuguesa. Os viciños podían atravesar esta ruta con calquera tipo de mercadoría sen ser molestado polas autoridades portuguesas ou españolas, deste xeito cruzaban a raia produtos que noutro lugar esixían o pago de aduana ou mesmo eran considerados contrabando. Tiñan tamén dereito estas xentes a participar nas feiras das comarcas veciñas, nas dúas beiras, sen pagar as taxas que lle esixían aos propios do lugar. Convértese así o Couto nun punto estratéxico, na economía na zona, ao permitir un libre comercio nunha época en que os intercambios, especialmente os internacionais, estaban moi regulados. As autoridades españolas e portuguesas quixeron limitar estes dereitos, pero a xustiza de ambos reinos deu a razón aos mixtos. Cando desapareceron o Couto Mixto e os privilexios do camiño, no 1864 e a partires do Tratado de Lisboa, continuouse a pasar mercadorías a través das montañas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Maná García, Luis Manuel. Couto Mixto: Unha república esquecida (Grandes Obras – Edicións Singulares) Ed. Xerais

Web http://www.calvosderandin.com/gl/content/o-couto-mixto


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.90955923
Lonxitude: -7.82333850861
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84