Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: Taboexa (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa feita a base de perpiaño granítico labrado, dunha soa nave con ábsida rectangular, unha capela lateral, e teitume a dúas augas agás no presbiterio que é a catro.
A súa construción é do ano 1544 sobre unha primitiva igrexa románica, aínda que conserva vestixios arquitectónicos e decorativos de diferentes estilos artísticos.
Na fachada destaca a porta principal, composta por unha serie de arcos de medio punto de tamaño decrecente, e arquivoltas refundidas. Nos laterais podemos ver columnas de capitel sinxelo. O arco principal está decorado cunha serie de anxos, cabezas aladas e cabezas de anxos coas súas ás.
Entre o arco da porta podemos ver dous medallóns nos que aparecen os rostros e o torso dunha figura masculina e feminina, posiblemente o emperador Carlos e a emperatriz Isabel. Máis arriba aparece un ocelo de sección circular.
No lateral dereito da igrexa aparece a torre-campanario de sección cadrada e ameada.
A fachada remata nunha cruz ante fixa

No interior destaca a súa cuberta abovedada formada por arcos de medio punto. Na clave do centro existía unha inscrición, hoxe desaparecida, coa data de 1546.
Tamén sobresaen as esculturas de San Benito e San Mamede.

No exterior da igrexa destacan varios escudos do século XVI das familias que ostentaban a presentación sa parroquia: Familia dos Castro (brasón con seis roeles postos en dous paos); a familia de Lobato (brasón con tres castelos con seis lobos); a familia portuguesa dos Barbeito (brasón con dous castelos); e a familia dos Bacelares (brasón cunha videiras cos seus cachos)

O conxunto arquitectónico atópase pechado por un pequeno muro cun Vía Crucis.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo se recolle na tradición oral do lugar, Don Evaristo Senra Martínez, crego que tomou posesión da parroquia de Santa María de Taboexa e os seus anexos o primeiro de Maio de 1882,
aproveitando unhas obras mandou facer unha canalización desde o muíño da abadía ata o camiño. As antigas escaleiras de acceso estaban preto da porta de entrada da igrexa, rematadas nas esquinas con columnas, que sostiñan as esculturas de Adán e Eva. Por estar núas, enterrounas na tal canalización.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA001.PDF (Páxina 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA003.PDF (Páxina 1)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5565&ctre=31

OUTRAS REFERENCIAS
Centro de interpretación do patrimonio local socio cultural de Taboexa


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1249838233
Lonxitude: -8.43097150326
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84