Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outes
Parroquia: Cando (San Tirso)
Lugar: Cando de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa ten planta de cruz, coa particularidade que os brazos menores quedan situados á metade do corpo. Cada brazo da cruz é dunha soa nave e todos os espazos son rectangulares. Está feita a base de perpiaño granítico regular e o teito vai a dúas augas, agás no cruceiro, nas naves laterais e na cabeceira. Na fachada a entrada é o único elemento que aporta decoración, leva unha moldura enmarcándoa coas esquinas en forma de orelleiras cadradas. Enriba dela un frontón con cornixas de pouco voo e un pouco máis resaltadas nas esquinas, que ademais serven de soporte a pináculos. Ten unha torre afastada do corpo da igrexa de 20 metros de altura. Cerca da base desta torre atópanse dúas pías bautismais de orixe incerto dada a súa antigüidade. Segundo Xoán Mariño unha delas pode ser unha pía de época castrexa adaptada ao culto cristián. E de forma cuadrangular e ten como motivos ornamentais tres estrías en cada esquina.
Esta igrexa substituíu a outra que, segundo explica nos libros de fábrica, non só se quedara pequena para o aumento da poboación, senón tamén porque estaba case en ruínas. No ano 1726 tiña as madeiras tan apodrecidas que ninguén se atrevía a retellala. No 1741 xuntáronse os caudais necesarios para facerlle fronte á obra. Esta foi dirixida polo mestre Francisco Fontela e importaron 18.883 “reás”, aparte as madeiras, cal, vidros e ferros que aportaron os fregueses, que ademais traballaron na obra. 24 anos máis tarde, Manuel Varela pechou o adro cunha artística balaustrada e unha capela para a Virxe do Carme.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño, Xoán. Patrimonio Histórico-Artístico de Outes. Vol I.
ISBN: 84-8408-003-X. 1998
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA012.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA012.pdf
( na pax 2 do pdf. foto dunha das pías, marxe dereito da foto ao lado esquerdo dun pináculo)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8329575473
Lonxitude: -8.86379957199
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84