Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Fisterra (comarca) / Muxía
Parroquia: Coucieiro (San Pedro)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Hórreo pertencente ao tipo fisterra, que apoia sobre nove pares de pés de forma troncocónica. Leva tornarratos circulares coa parte de arriba redondeada en forma esférica, onde van apoiadas laxes en horizontal para facer de linteis na base dos muros da cámara. Esta vai feita con perpiaños cuadrangulares de pouco grosor e colocado en ringleiras horizontais. Tellado a dúas augas con tella curva. A ventilación é a que proporciona a propia irregularidade do asentamento das pezas de pedra na cámara. Os penais non se diferencian do resto dos muros da cámara e levan sobrepenas para tornar da chuvia. Ten unha porta para acceder ao interior, enmarcada con catro grandes pezas de perpiaño. Vai rematado no cume dos penais con cruces de pedra. Está situado no Castro, aldea que foi feira enriba dun asentamento da idade do ferro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.024368756
Lonxitude: -9.16050553322
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84