Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Laxe
Parroquia: Laxe (Santa María)
Lugar: Laxe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Asentada sobre un amplo adro formado por altos muros de pedra sobre os que se asentaba no pasado uns canóns defensivos. A igrexa e o seu adro funcionaron como atalaia de vixiancia e defensa contra a entrada ó porto de calquera barco ou flota sospeitosa.
De finais do século XV, esta igrexa foi ampliada, xa que nun principio só posuía a capela maior feita no primeiro terzo do século XIV, por Dona Urraca de Moscoso por expreso desexo da súa nai Dona Xoana de Castro e Lara, engadíndolle a dita capela unha nave rectangular e anos máis tarde unha torre-campanario. Coa orientación tradicional dos templos romanos, cabeceira cara ao leste e pórtico cara ao oeste e de estilo gótico mariñeiro na súa maior parte, esta igrexa presenta un corpo composto por sinxelos muros e unha interesante decoración externa.
Na fachada principal ou pórtico atopamos a porta de entrada á igrexa, oxival e de estilo gótico con arquivoltas ou molduras dóricas. No muro sur e entre dous contrafortes ábrese unha porta rematada en arco apuntado sobre a que descansa unha imaxe gótica de pedra da virxe feita a finais do século XV. Un pouco máis adiante levántase a escaleira pétrea de acceso á torre-campanario do século XVI, con tres releves góticos no seu balaústre feitos na segunda metade do século XV. O releve inferior amósanos á Virxe Santa Ana e ó neno, o central representa a un Frade Franciscano, e o superior a un Anxo. No muro norte e tamén entre os outros dous contrafortes da nave, ábrese unha terceira porta dintelada por un releve da resurrección, probabelmente de principios do século XVI.
O interior da igrexa é a parte máis destacada do templo. Nel podemos ollar a composición da planta, formada pola nave, a capela o presbiterio. O teito desta capela maior cubriuse cunha sinxela bóveda gótica de crucería. O arco apuntado de estilo gótico que da acceso á capela dende a nave aséntase en semicolumnas pareadas do capitel común, sobre as que podemos observar dous escudos heráldicos nos que se pode aprecia-lo brasón dos Castro, representado por seis roeis, e os dos Lara, dúas pequenas caldeiras, pertencentes ambos ó liñaxe de Dona Xoana de Castro e Lara.
No altar maior podemos observar: unha imaxe medieval da Virxe da Atalaia, un friso medieval en pedra que contempla cinco escenas da resurrección de Cristo, e un Cristo pantocrátor do século XIV. Ademais podemos ollar tamén varios pequenos altares con diferentes imaxes dos séculos XVII e XVIII.
Ao longo do templo podemos contemplar no chan diferentes tumbas. No altar maior e co símbolo dunha coroa podemos velas tumbas dos primeiros Moscoso.
Na nave principal podemos ollar unha imaxe gótica en pedra de Santa Inés, doazón da irmá maior de Dona Urraca, Dona Inés de Moscoso a finais do século XV ou principios do XVI. Recentemente descubriuse unha pintura de Santo Domingo da Calzada nun dos muros da nave.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-http://www.concellodelaxe.com/turismo/info.

-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009 e publicado en 2017 pola Asociación galega para a Cultura e a Ecoloxía, Mos (pontevedra).

-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LAXE/documents/27189CA101.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.222640004486
Lonxitude: -9.0046691894531
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84