Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Monterrei
Parroquia: Vilaza (San Salvador)
Lugar: Vilaza
Outra denominación do ben: Capela da Cruz de Vilaza
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa cunha nave rectangular e co presbiterio máis estreito, con cuberta de tella cerámica a dúas augas sobre muros de sillería irregular e con moitos sillares romanos reaproveitados, incluído unha estela de recente aparición. A fachada ten porta de arco de medio punto rematada nunha espadana claramente posterior á igrexa e dun só oco cunha cruz de ferro. No lado sur, conserva unha labra de orixe descoñecida, e ten unha porta tamén con arco de medio punto, e a carón dúas ménsulas reaproveitadas e moi arcaicas (unha delas ten unha serpe clásica en altorrelevo). En todas as esquinas conserva cruces templarias ou Sanxoanistas e na traseira aínda ten a pedra da consagración do altar, no ano 1214. O conxunto que forma coas casas do redor delata o seu pasado monástico e con moita probabilidade, tanto por esa disposición urbanística como pola toponimia, sexa o vello e renomeado mosteiro templario de Vilaza. Nunha desas casas pegadas á igrexa (a menos dun metro) apareceu hai pouco un arquiño que a USC identificou como arco prerrománico ou románico.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9294412835
Lonxitude: -7.49088674784
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84