Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Mazaricos / Xallas (comarca)
Parroquia: Coiro (Santa María)
Lugar: Vilar de Coiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está situado no cume dun outeiro, na marxe esquerda do río de Beba, a uns 385 metros de altitude. Polas bandas oeste e sur, o asentamento está defendido polas pendentes que fai o pequeno val dun regueiro que baixa pola zona do noroeste. Cara o norte, a zona máis exposta e sen condición naturais de defensa, o recinto parece amosar dous parapetos en paralelo, ademais do da parte superior que cingue a croa por ese lado. A forma desta é poligonal, de murallas de trazado de liñas bastante rectas para o que soemos atopar neste tipo de asentamento, os cales tenden a rodearse con defensas circulares para aproveitar a topografía do terreo en que se atopan. A lonxitude da croa, entre os extremos norte e sur e duns 230 metros e a anchura máxima da croa de leste a oeste é de 130 m,. na zona central. A partires de aí, e cara ao sur, esta remata nun vértice apuntado, determinado polos parapetos defensivos. Na segunda imaxxe, plano de pendente e ortofoto do ano 1956


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MAZARICOS/documents/0213CA003.PDF
(Pax 14 do pdf) Vén na parroquia de Beba


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9075942723
Lonxitude: -9.01476502419
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84