Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Portas
Parroquia: Briallos (San Cristovo)
Lugar: Briallos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Conxunto formado por un cruceiro e un retablo de ánimas, ambos separados pola enreixado que delimita unha propiedade privada.

O cruceiro ten un baseamento cúbico con un varal oitavado e retablo na súa base por dúas beiras podemos ver unha flor e por outra unha escaleira. O capitel está finamento acabado con volutas nas esquinas e un equino de lados curvos. A cruz é nodosas e leva un Cristo, coas costas separadas da cruz, no anverso e a Virxe das dores no reverso.
O retablo está mirando a estrada, labrado nunha soa pedra coa parte superior rematada en arco. Diante do retablo hai unha pedra cun oco para o peto das esmolas. No fronte de dita pedra podemos ler os seguinte epígrafe:

PARA LAS ANIMAS
DEL PURGATORIO

O retablo, ten dous marcos un dentro do outro. No marco exterior hai outro epígrafe de trazo moi fino do que so puiden ler o seguinte:

??? DE D FRANCº ??? ANO DE 1790

No marco interior atopamos outro epígrafe claramente lexible:

REFORMADO POR LOS HEREDEROS DE MANUEL EROSA Y FARIÑA EN 1898

No interior do retablo podemos ver varias figuras labradas en baixo relevo: a Virxe María cunha gran coroa, con meniño Xesús nos brazos sobre unha nube e a súa esquerda a figura dun monxe franciscano coa carapucha posta e as mans escondidas nas mangas. Entre eles varias cabezas de querubíns e unha pomba simbolizando ao espírito santo. Debaixo deles podemos ver as figuras de seis ánimas entre as lapas, dúas en aptitude orante, unha en aptitude suplicante a Virxe; outra suplicando ao monxe e as derradeiras en aptitude casual.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Sei ca hai un veciño cos papeis de propiedade do retablo que hábita noutra parte do lugar.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Gil Cañellas, Juan. “Las Bellezas de Galicia” Oviedo, 1926. Serie 46 Pontevedra: Combarro. nº 2.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5645878761
Lonxitude: -8.64111855626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84