Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: Salcidos (San Lourenzo)
Lugar: A Cruz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa construída a base de perpiaño granítico labrado de boa factura. De planta rectangular e dunha soa nave, posúe teitume a dúas augas con tella curva do país, agás na capela e na sancristía do lado sur que é a tres. A capela maior é de planta cadrada con teitume a catro augas.

Na fachada destaca presenta unha dobre pilastra para remarcar a nave central, sobre o que se sostén unha cornixa que forma un frontis triangular partido na súa base para adornarse coa moldura de arco de medio punto que acolle a porta principal e a ventá do eixe do paramento.
A porta principal é moldurada e de arco rebaixado, o mesmo que a ventá. Unha cornixa, na súa base, con dous floróns nos extremos, serve para soster a base da imaxe pétrea de San Lourenzo.
O conxunto remata nunha torre-campanario de posición central e planta cadrada. Unha cornixa voada e achaflanada nas esquinas dá paso ao primeiro corpo, o das campás, protexido cunha varanda metálica. Outro pequeno corpo sostén a bóveda que remata en agulla con cruz pétrea.

No interior destaca as arcadas de medio punto sobre columnas cilíndricas que separan as naves laterais, máis estreitas, da central.

Esta igrexa comeza a edificarse no século XVI sendo párroco D. Álvaro Ozores de Sotomaior. No ano 1760, por mandado do Abade Xoán Ponce de León, como consta na cartela existente no paramento da fachada leste, realizouse a capela maior. O responsable da obra foi o mestre canteiro Xoán Trigo, veciño da Guarda, que en 1761 recebe a cantidade de 8.729 reais de vellón en pago dos traballos realizados ese ano. O proxecto é de Domingo Laredo.
Existe documentación de que o 8 de outubro do ano 1861 fixéronse obras nela, adxudicada a Xosé Antonio Araúxo Ramallosa, natural de Gondarem (Portugal).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Como elementos mobles destacan os seus retablos. O primeiro deles é o da Virxe do Rosario, posiblemente do ano 1719, e restaurado no ano 2006 financiándose coa colaboración dos fregueses.
O segundo retablo é o da Virxe das Dores, tamén restaurado no 2006.

Outros elementos a destacar no interior desta igrexa son o pequeno retablo da Virxe Milagrosa, probablemente de finais do XVIII, e outro en pedra a S. Xosé; a táboa de Ánimas, situado no paramento sur, xunto ao retablo do Carme, do século XVIII e restaurado no ano 1992; e un pequeno retablo barroco situado na sancristía coas imaxes de San Lourenzo no centro e San Bieito e Santo Amaro nas fornelas laterais.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AGUARDA/documents/0799CA006.PDF (Páxina 2)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/salcidos.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9093157053
Lonxitude: -8.85260134935
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84