Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Cuspedriños
Outra denominación do ben: Peto de Cuspedriños
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Consta de dous corpos, sendo o inferior, formado por dous perpiaños, acaroado ao valado e sobresaíndo del. Neste corpo ábrese o esmoleiro, que ten unha entrada para as esmolas na repisa e unha porta para a recollida destas no corpo inferior. Estes dous perpiaños soportan un repisa rectangular moldurada sobre o que se ergue o corpo principal no que se abre o nicho para o retablo. No remate vemos un unha cornixa moldurada imitando un frontón triangular. Sobre el e no centro érguese unha cruz de sección cuadrangular sustentada por unha base prismática con gorxa. As beiras, dous pináculos con gorxa e rematados en bólas.
Na beira dereita do retablo podemos ler a seguinte inscrición:

A DVOCION
D RAMON SA
VORIDO I
D SU MUGER
VICENTA LOIS
AÑO DE 1806

Coñecemos o retablo orixinal pola descrición de García Patiño e Jar Ramos. Constaba dunha táboa de madeira policromada na que figuraba a seguinte composición. Na parte superior unha nube de gloria irradiando a súa luz as tres figuras principais. No centro a virxe do Carme flanqueada por dous relixiosos. Na parte inferior, no lume do purgatorio, dúas ánimas, e cerrando o conxunto, varios anxos. Todas estas figuras están moi estilizadas.
Tanto a táboa como o enreixado orixinal foron cambiados por un azulexo e un enreixado de fundición pintado en negro.
O conxunto inda é obxecto de devoción por mor das ofrendas de flores e velas presentes.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

García Patiño, Miguel; Jar Ramos, Antonio. “Cruceiros e petos do Concello de Cotobade” Diputación de Pontevedra. Pontevedra, 1998. Páx. 159.

“N.S.P. 25/02/1997. Concello de Cotobade, Petos de Ánimas e Cruceiros”. BOP: 1997-03-12; DOG: 1997-03-20. nº19. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA005.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4955439446
Lonxitude: -8.51720049977
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84