Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Berdoias (San Pedro)
Lugar: Berdoias
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa de San Pedro de Berdoias foi trasladada da súa localización orixinal no lugar de Grixoa. A decisión foi tomada polo fidalgo Alonso de Lema II e a súa muller Maior Franqueira, quen sufragaron todos os gastos das obras na capela maior en 1617. Así, na clave da bóveda estrelada desta capela pódese ver o anagrama do nome do fidalgo.
O campanario sitúase no centro da fachada principal, maxestoso, de dous corpos. Foi construído a mediados do XIX. Nun nicho da fachada atópase unha escultura de San Pedro coas chaves do ceo na man.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.05761210383319Lonxitude: -9.085816740989685
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84