Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Pontedeume
Parroquia: Nogueirosa (San Cosme)
Lugar: San Cosme
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Construído na Pena de Leboreiro a uns 300 metros sobre o nivel do mar, componse de foxo, murallas, patio de armas e torre do homenaxe. As reducidas dimensións deste castelo amosan inequívocamente o seu carácter estratéxico. A súa planta adáptase ao escabroso terreo no que se asenta, constituíndo a súa escarpada situación unha das defensas naturais máis efectivas en caso de ataque. Posúe unha planta en forma de polígono irregular de seis lados, de 2,57 metros de grosor. O corpo principal mide 38 por 25 metros, máis outros dous rectángulos máis pequenos e adxacentes que deixan entre eles un patio de tres alas con 13 pilares de pedra. Pecha o cuarto lado un muro con tres arcos apuntados, datados no século XV. Desta data son tamén o arco conopial da porta da gran torre e a escaleira da mesma. A porta de entrada está situada ó leste, enmarcada por dúas torres cadradas que destacan da muralla. Esta porta abocinada, é de arco apuntado ó exterior e de medio punto cara ó interior, onde se pechaba cun rastrel e alamudes. Enriba da porta e a ámbolos lados da mesma están labrados sendos escudos de Fernán Pérez de Andrade, coa banda diagonal, presentados por anxos axoenllados. Estas pedras armeiras están moi desgastadas. No lado esquerdo, no mesmo sillar co escudo, hai unha inscrición enmarcada nun rectángulo na que posiblemente lembre o patrocinador da construcción do castelo e a data do mesmo. As escasas almeas que lle quedan, danlle un aspecto pobre.
O máis destacado e visíbel do Castelo dos Andrade é a súa torre do homenaxe, á que se accede tras cruzalo patio de armas, de 140 metros cadrados, cinguida de distintas dependencias de tres andares, con fiestras abertas na muralla, dende onde se accedía ó adarve. Neste patio de armas aínda se conserva o brocal da cisterna-pozo, que recollía a auga procedente da imposta con canle que cinguía a torre. Esta torre do homenaxe, situada nun dos ángulos do recinto, de planta cadrada de 10 metros de lado, levántase ata uns vinte metros de altura, e ten dous metros e medio de grosor. Dispón de tres andares, destinado o superior, con almeas, á vixiancia; e o intermedio ao aloxamento do alcaide. Dispón ademais dunha planta subterránea, escavada na pena sobre a que se asenta o castelo e que foi utilizada como prisión. A torre está cuberta por unha bóveda de medio canón apuntado de sillería, con tres arcos faixóns de perfil trapezoidal, apoiados en ménsulas unidas por unha sinxela imposta e decoradas, na súa parte superior, por varias figuriñas difíciles de identificar. Posúe dúas amplas xanelas ó norte e oeste, forno, lareira e unha suposta canle de comunicación co primeiro andar. Remata a torre nunha terraza, que conserva parte do matacán, asentado en ménsulas de modillóns de rolo e unha moldura gótica. Os vans son escasos. Estivo cinguida por un foxo coa súa ponte levadiza, que aumentarían o seu impoñente aspecto. Do foxo pódense apreciar hoxendía algúns restos no flanco sur e leste.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo recolle a tradición existía un pasadizo que comunicaba a torre e o Palacio dos Condes de Pontedeume.

Hai unha lenda que fala do “Castelo da fame” e que conta que houbo un alcaide moi mullereiro no castelo, chamado Pedro López, que requería de amores a Elvira, doncela da muller do señor de Andrade.  Mais esta andaba namorada de Mauro, paxe do mesmo señor. Despeitado o alcaide, encerrounos con malas artes aos dous no calabozo da torre e fixo crer ó señor que fuxiran. Un escravo mudo chamado Zalemi baixaba tódo-los días a levarlles alimentos, ata que Mauro soltouse e feríu de morte a zalemi, quen, nembargantes, poido pech-la trampela de acceso ó calaboza.

O alcaide deixóunos morrer de fame porque non confiaba en nengún outro criado.  Ferido de morte polo mozo doutra moza á que pretendía, contoulle ó señor de Andrade cando este foi a consolalo na súa derredeira hora. O señor de Andrade, cheo de dor porque Mauro era o seu fillo natural, matou o alcaide coa súa propia daga e mandou baixar ó calabozo, onde atoparon ós dous xoves abrazados.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– BOGA MOSCOSO, R.: «Guía dos castelos medievais de Galicia», Xerais, 2003.
– Tríptico do concello de Pontedeume: “Castillo de Andrade, su historia”.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3915768334
Lonxitude: -8.135445714
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84