
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Monterrei
Parroquia: Medeiros (Santa María)
Lugar: Medeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Fermoso cruceiro no medio do monte, aínda que nun cruce de camiños, que ten base cadrada de tres chanzos moldurados e unha peana cúbica con cartela rebaixada e texto ilexible, da que arranca un fuste cilíndrico e moi alto que remata nun capitel xónico e unha cruz de sección octogonal.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Cóntase que este cruceiro érguese no mesmo lugar onde un camiñante do pasado se subiu a un carballo para fuxir nunha noite da persecución dos lobos. O home pasou a noite subido ao carballo e prometeulle a Deus que se o salvaba alí mesmo facía voto de erguer un cruceiro de pedra. E así foi.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9092797754Lonxitude: -7.53117084503
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




