Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Castrelo do Val
Parroquia: Pepín (San Vicente)
Lugar: Pepín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de 1759 cunha base cadrada e escalonada de tres chanzos cunha peana cúbica que ten unha cartela en forma de labra onde dá conta de quen o ergueu e a súa data. O fuste, moi alto, é cilíndrico, con éntase, e afusado segundo se achega ao capitel, corintio e de moita calidade. A cruz latina ten dúas figuras, unha a do crucificado e polo outro lado a da virxe, e acompañando á cruz dúas figuras de orantes que miran para Cristo, con certa expresividade e tamén de gran calidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0070699812
Lonxitude: -7.41693019867
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84