Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Cualedro
Parroquia: A Xironda, San Salvador
Lugar: A Xironda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Peto de ánimas no centro da aldea, nunha casa pacega. É de claro estilo barroco e de estilística culta, composto por pedestal, capeliña semicilíndrica onde aparece a virxe encima dunhas lapas onde están os penados do purgatorio e ten encima a cuncha da vieira facendo de ábsidiolo, todo sobre impostas. Ten pilastras franqueadas por volutas, entablamento de orde toscana, cornixa e cruz latina e pináculos nos laterais. Ten na imposta unha inscrición ilexible. A súa linguaxe é propia de correntes artísticas cultas, non populares.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Contan os vellos da aldea que nesa casa, antigamente, ían vivir todas as viúvas do pobo, vivindo nunha especie de vida monástica para que as malas linguas non falasen mal delas por non ter home.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.8990588792Lonxitude: -7.63662457466
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Abr 21, 2015
Unha referencia bibliográfica sobre este ben:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
Oscar Franco says:
Xul 11, 2021
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Engado tamén a seguinte referencia bibliográfica:
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, anexo 3. Museo arqueolóxico provincial de Ourense – Grupo “Marcelo Macías”
Inés says:
Mar 12, 2023
Esa tradición oral non sei de onde se sacou. Gustaríame sabelo porque considero que non é adecuada polo menos en 4 xerenacións non se dixo nada diso