
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Riós
Parroquia: Trasestrada (Santo Estevo)
Lugar: Pedrosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Vense perfectamente os restos de toda a muralla na parte oeste e norte, defendido o castro por unha fraga alongada na parte leste e sur. O material é moi xistoso e a conservación das construcións é moi deficitaria. Porén, a falta de restos máis claros, a situación do castro é moi boa: o monte onde se asenta é case piramidal e moi chamativo no entorno, con pendentes moi fortes aínda que non tanto no norte, na conexión deste outeiro co resto da serra.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32071008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Dicíase que no alto do castro había unha fonte na que, en certos momentos dalgúns días, víase bailar unha moeda brillante, como de ouro. Pensábase que esta moeda era o sinal dalgún tesouro enterrado alí, pero ninguén se atreveu nunca a coller a moeda, porque a quen o fixera podería caerlle unha gran desgracia. Ademais, moi cerca, na Fraga dos Mouros (onde efectivamente se atopou un tesouro, o da Urdiñeira) hai outro tesouro. Disque alí saía pola mañá a peitearse unha moura moi fermosa que vivía nun pazo debaixo do castro, e que chegaba ata esa fraga por un camiño que había debaixo da terra. Nese lugar, segundo din, hai moito tempo, apareceu un coitelo de ouro…
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIOS/documents/0488CA008.PDF (. 10)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0109921793Lonxitude: -7.28766918182
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84