Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Riós
Parroquia: Trasestrada(Santo Estevo)
Lugar: San Pedro de Trasverea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Este castro domina completamente toda a subcomarca onde nace o río Mente, chamada A Chaira, ocupando de maneira canónica todo o alto dun outeiro ovalado. A visión e defensa do castro son inmellorable, e a primeira visión é moi grande. Os materiais de construción, xistosos e pizarrosos, porén, non deixa tantos restos evidentes en superficie, pero vense perfectamente lenzos longos de muralla, no leste; foxos moi ben marcados no norte e noroeste, e polo menos unhas vinte vivendas que se ven indubidablemente. Por outro lado, hai moitas aldeas aos seus pes que xa aproveitaron hai moitos anos todo material reutilizable. Desde este xacemento vese perfectamente outro castro, o de Pedroso.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Un vello de Valfarto que un pobre ía á mañá ceda para a feira, ao pasar polo muíño saíulle un mouro da caneira e díxolle:
-E logo, a onde vas?
-Vou mercar uns porquiños.
-E tes moitos cartos para compralos?
-Eu cartos teño poucos.
-Moi ben, vas á feira e agardas por min para mercar os porcos.

O home foi á feira, percorreuna de cabo a rabo e agardou polo mouro. Cando este veu, foron comer polbo e logo fóronos mercar. De volta para casa o mouro díxolle ao pobre:

-Todas as mañás cedo tráesme medio neto de leite, e déixalo aquí e eu deixarei un peso, pero cunha condición: non llo debes dicir a ninguén.

E todos os días o home levaba o leite e collía os cartos. Cando un día a súa muller lle preguntou:

-De onde che veñen os cartos?

E o home engruñábase, pero tanto insistiu a muller, que o acusaba de ter unha amiga a quen llos daba, que ao final llo dixo. Á mañá seguinte o home foi co leite, a ao chegar ao sitio atopou un corno cun letreiro “FALACHES: CORNEACHES!”. E o home, desde aquela, corneaba igual cas bestas, tanto que metía medo oílo falar. E a xente, habelenciosa, deixou de achegarse a el. E todo por contarlle á muller o seu segredo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9983637507
Lonxitude: -7.33104586601
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84