Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Betanzos / Betanzos (comarca)
Parroquia: Betanzos
Lugar: O Carregal
Outra denominación do ben: Parque do Pasatempos
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

O Pasatempos é un recinto axardinado situado nas aforas da vila de Betanzos, no lugar do Carregal, que conxuga o disfrute ante un espazo natural co afán pedagóxico dos seus impulsores, os irmáns Xesús e Xoán García Naveira. Emigrados a finais do século XIX cara a Arxentina, conseguen facerse cun gran capital, que empregarán nunha grande actividade benéfica e altruísta, que se materializa en forma de diferentes doazóns e construcións sufragadas por eles, como as “Escuelas Municipales Jesús García Naveira”, a “Casa del Pueblo”, ou o Lavadoiro das Cascas.
Entre toda esa labor sobresae o Parque do Pasatempo, un lugar cunha eminente función pedagóxica, onde quixeron mostrar tódolos lugares visitados por eles aos seus paisanos betanceiros. Na súa construción, entre 1893 e 1895 (aínda que non se remata definitivamente ata 1914) deron traballo a gran número de betanceiros, daquela sen emprego.
Con semellanzas co Parque de Bomarzo (Italia), está organizado en cinco niveis, abarcaba unha extensión de ata 90000 hectáreas, das cales hoxe só queda un 10%, e dividido pola avenida Fraga Iribarne. Construíuse sobre unha zona cenagosa, o cal se aproveitou para emprazar varios estanques (Estanque dos Papas, desaparecido, ou o Estanque do Retiro, conservado hoxe en día) e instalación hidráulicas. Moi chamativas son tamén as grutas subterráneas que atravesan parte do parque, que cun grande efectismo, seguen a ser un elemento impresionante para o visitante do século XXI. Son un elemento que engaden aínda máis misterio a este parque, que se ten relacionado tamén con prácticas masónicas.
Acollía gran número de representacións escultóricas, que tentaban inculcarlle certos valores e ensinanzas aos seus visitantes, como a alegoría da Caridade ou a árbore xenealóxica do capital, todo elo co fin de formar á xente.
Por todo elo, o valor desde lugar transgrede as fronteiras do meramente artístico-natural, xa que o parque enciclopédico do Pasatempo reflicte non soamente o espírito xeneroso e altruísta dos irmáns García Naveira, senón tamén representa o “final feliz” da emigración (tan vencellada a Galicia), non sempre posible. Parte da historia, neste caso negativa, foi o seu uso trala Guerra Civil coma lugar de prisión ós presos republicanos. Constitúe un anaco da historia de Betanzos, mentres que é un exemplo de compromiso social e é verdadeiramente a expresión do sentir colectivo e social da vila de Betanzos, nun momento certamente difícil como o inicio do século XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

Abondosas representacións escultóricas, representacións de animais, murais, arquitectura ecléctica, fontes, estanques, grutas…


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– CABANO VÁZQUEZ, I., PATO IGLESIAS, Mª L., SOUSA JIMÉNEZ, X; (1986), O Pasatempo (I): un país de Oriente, Anuario Brigantino nº9, pp.97-119, Betanzos
-(1991), O Pasatempos: o capricho dun indiano, Cadernos do Seminario Sargadelos, nº53, Ediciós do Castro, Sada (A Coruña)
– CRESPÍ RODRÍGUEZ, J.; (1998) El Pasatiempo: una nueva dimensión, Anuario Brigantino nº21, pp. 491-495, Betanzos
-(2002); El Pasatiempo: un modelo utópico de ordenación, Anuario Brigantino, nº 25, pp. 401-436, Betanzos
-DE LA FUENTE GARCÍA, S.J.; (1999), Los hermanos García Naveira y sus fundaciones, Anuario Brigantino nº22, pp.394-434, Betanzos
-VILLASOL, C.L.; (2001), Dos sueños en piedra: A Quinta da Regaleira y el Parque del Pasatiempo, Anuario Brigantino nº24, pp.431-448, Betanzos


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Se ben hoxe en día estánse a levar diversas actuacións de mellora no recinto, se consideramos que apenas un escaso 10% do orixinal é o que se conserva, non podemos falar dun estado óptimo; o vial Fraga Iribarne, que atravesa o parque actual pola metade, e a máis que probable construción de vivendas ao oeste do parque, unido ás deficientes medidas de limpeza que se veñen desenvolvendo na última década fan que o estado actual do Pasatempo diste de gozar dun bo estado de conservación.


Onde está localizado

Latitude: 43.27744746515947
Lonxitude: -8.2197904586792
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84