Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Verín
Parroquia: Feces de Cima (Santa María)
Lugar: Feces de Cima
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Está nun lugar xeolóxicamente peculiar e moi importante para a minería prehistórica, e incluso hai dous ou tres penedos, moi cerca, que segundo o CSIC poderían ser lavadeiros de mineral. A posición do castro é inmellorable, nun outeiro rodeado por tres dos seus lados por fortes pendentes, no alto de varias fragas graníticas enormes. Só o acceso leste é máis feble, e alí hai un bo foxo que reforza os restos de muros que aínda se ven en casi todo o perímetro. Atópase tégula en superficie, sobre todo na croa, que sobresae a uns dez metros de altura co resto do castro. Non moi lonxe deste castro está a inscrición latina de Valdecastiñeiras que fala dos Comoi, un “clan” dos Tamagani, e grava alí unha pedra de termo.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32085010
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contoume un señor de Enxames, unha aldea ao seu carón, que unha vez, un antepasado seu, quixo meterlle o arado dentro do recinto do castro, para prantar castiñeiros. O caso é que, cando xa levaba varias gavias feitas, saíulle un mouro todo enfadado de debaixo da terra e berrándolle: “hei!, ti, que fas con ese arado?, que xa me levaches por diante cinco ringleiras de tella”. E o señor deixou arado e marchou, e volveu andando para casa. Nunca máis volveu tentar prantar nada no castro. E por eso alí aparece tanto tixolo e tégula…


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace web
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca008.PDF
pax 9


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8671320027
Lonxitude: -7.35912322998
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84