
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Laza
Parroquia: O Castro de Laza (San Pedro)
Lugar: O Castro de Laza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Vense moi claramente os terrapléns e restos de muros que contornean o xacemento, un outeiro destacado no medio do val, e conectado coa serra por unha soa lingua de terra.
Tivo que ser unha referencia moi importante na idade do ferro, pois moito máis tarde, o territorio que abarca esta parroquia é a máis grande de toda a comarca do Támega. Se engadimos que é aí onde este río acada o seu nome, e a riqueza fenomenal desta parte do val.
Fotogrametría:
Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo os vellos da aldea, debaixo do castro hai unha bóveda moi grande que está suxeitada por dúas trabes, unha de ouro e outra de lume. Pero quen queira atopar a trabe de ouro terase que arriscar a escoller entre as dúas que se le presentan iguais, e tendo en conta que se toca a de lume non só arderá, senón que irá ao inferno a arder aínda máis.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0831429387Lonxitude: -7.48999357224
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mar 12, 2015
O Castro no catálogo de Bens Arquolóxicos
do concello de Laza
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAZA/documents/26331CA013.PDF
pax. 7 do pdf