Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Castro Caldelas
Parroquia: Castro Caldelas (San Sebastián)as
Lugar: O Castro de Caldelas
Outra denominación do ben: Fortaleza de Castro Caldelas
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Algúns autores defenden a data da construción do castelo no século XII, pero parece que na segunda metade do século XIV xa estaba en pé esta edificación defensiva, probablemente sobre outra anterior. En 1467 foi destruída parcialmente polos irmandiños no seu levantamento contra a nobreza galega. Trala derrota da revolución irmandiña, foron os sublevados quen volveron a levantar obrigados por Pedro Álvarez de Osorio. Tempo máis tarde, en 1809, durante a guerra contra os franceses volvería a sufrir un grave incidente, o xeneral Loisón en represalia pola morte duns compatriotas franceses incendiou o edificio, perdéndose grandes cantidades de documentos que contiñan valiosos datos sobre o castelo e a vila.
O castelo situase coroando a vila de Castro Caldelas. Está rodeado de altas cercas con torreóns de planta rectangular nos flancos, rematados por ameas. Componse de varios corpos de cantaría, construídos en distintas épocas e adaptados á orografía do lugar. Os máis antigos son a torre da homenaxe e a torre do reloxo. A primeira delas é ameada e con garitas sobre corpos troncocónicos para a súa defensa.
O primeiro que nos atopamos ó entrar nesta fortaleza é o patio de armas, desde o que se pode acceder ás distintas dependencias. Por encima e a ambos lados do patio atópase o pazo, cos seus corredores abalconados que albergan a biblioteca, o museo etnográfico e outros servizos.
Conserva restos dos foxos e da muralla, que rodeaba a fortaleza facendo un polígono, e que presenta tres robustos torreóns ameados de planta rectangular. Os seus muros están ornamentados con signos lapidarios, e sobre as portas, aparecen as armas da Casa de Lemos. Consérvanse tamén o celeiro, a adega e o patio de armas, onde aparecen un alxibe e un forno.
A partir de 1794 o señorío de Lemos incorporouse á casa de Alba a través do XVIII conde de Lemos, Carlos Miguel Fitz-James Stuart. O edificio estivo habitado ata o século XIX por Sol Stuart, parente dos Duques de Alba. No 1981, os seus propietarios, a Casa de Alba, cedéronlle o castelo á comunidade autónoma. Hoxe en día alberga un museo etnográfico, unha biblioteca e unha sala de conferencias e exposicións.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

As dependencias que rodean o patio de armas encerran mostras de obxetos ligados ós modos de vida tradicionais da comarca; conservándose un fermoso tear entre outras cousas.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– PAZ VARELA: “Castelos e fortalezas de Galicia”,Edicións Nigra Trea S.L., 1999.
– BOGA MOSCOSO, R.: “Guía dos castelos medievais de Galicia”, Xerais, 2003.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.37598309398036
Lonxitude: -7.415707111358643
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84