
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Chantada / Chantada (comarca)
Parroquia: San Salvador de Asma
Lugar: Santo Estevo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
No conxunto de San Salvador de Asma consérvanse a igrexa, da segunda metade do século XII con reformas no XVI, e as dependencias dun antigo mosteiro beneditino, existindo partes mozárabes posteriores.
O complexo consta dun edificio monacal de dúas plantas, cun único claustro. Este posúe planta cadrada e pilares poligonais, que apoian sobor dunha parede corrida e chafranada nos ángulos que sosteñen un segundo andar con pilares en dous dos seus costados. A este claustro, probablemente do século XVII, accédese por dúas portas que manteñen elementos de influenza medieval coma impostas, capiteis, arquivoltas e tímpano. Unha solaina apoiada sobor de columnas de factura similar ás do claustro avanza polo frontal oriental. A entrada é a propia dun pazo e os muros se compoñen de pedra de mamposto miúdo.
Oculta por un retablo hai unha porta tapiada con arco de medio punto e arquivolta tórica, con moldura, billetes, capiteis zoomorfos e tímpano decorado con dous dragóns cos colos entrelazados.
A igrexa, feita a base de cadeirado e cachotería granítica con teitume a dúas augas na nave e a tres no presbiterio, posúe nave rectangular co presbiterio pegado. Conserva importantes elementos románicos, como a ábsida (heptagonal no interior e semicircular no exterior), con arco triunfal de acceso, de medio punto, con filetes afundidos no intradorso, e imposta con billestes, coas súas correspondentes ventás que se separan por columnas pegadas, con arquivoltas de baquetón, molduras axedrezadas , e unha gran cantidade de canzorros de moi variada ornamentación zoomorfa e vexetal.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
No interior atópase un retablo renacentista, de gran valor artístico, así como un bo artesoado co escudo de León e Castela que lembra a incorporación deste mosteiro á Orde de San Benito El Real de Valladolid.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa dixital do 18 de maio de 2020 advirte do mal estado da cuberta deste ben (ver referencia bibliográfica).
Referencias bibliográficas:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2020/05/19/antiguo-convento-chantada-vez-deteriorado/0003_202005M19C5991.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6015449203Lonxitude: -7.76315510273
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 8, 2019
A prensa dixital do 5 de agosto de 2019 recolle a denuncia da asociación o Sorriso de Daniel da venda de pedra procedente deste ben:
http://historiadegalicia.gal/2019/08/san-salvador-de-asma-o-convento-da-ribeira-sacra-que-se-vende-por-pedras-en-internet/
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2019/08/04/piden-control-publico-sobre-viejo-convento-venta-internet/0003_201908M4C1992.htm