Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: Tortoreos (Santiago)
Lugar: O Rego
Outra denominación do ben: Cruceiro do Rego
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos, o primeiro feito en cemento e os dous seguintes feitos en pedra cos esquinais recortados. A súa base moldurada presenta dúas inscricións que din o seguinte:
“SE HIZO MISA SIENDO ABAD
FRAI ANDRES QUINTEIRO Y PAZOS”
A inscrición fai referencia ao cura xesuíta que estivo nesta parroquia e que o mandou construír a finais do século XIX ou principios do XX.
O varal, de 3 metros de alto, é de sección cilíndrica e esta estriado. Na súa parte media se pode ver unha peaña circular que sostén a imaxe da Inmaculada sobre unha serpe que os veciños restauraron para volver a colocala, xa que foi destruída durante a Guerra Civil.
O capitel é de tipo xónico, con follas de acanto e querubíns en cada un dos seus catro lados.
Na cruz podemos ver as imaxes de Cristo crucificado cun anxo portando o cáliz aos seus pés no anverso, e unha imaxe da Dolorosa coas mans entrelazadas e co corazón atravesado por sete frechas sobre unha peaña con forma de querubín no reverso.

Ao seu carón podemos ver un peto de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/69280/2015/02/peto-de-animas-en-tortoreos/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA001.PDF (Páxina 5)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA005.PDF (Páxina 4)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360341201.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=18020&ctre=55&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2007). As Neves: Cruces, Cruceiros e Petos. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0988413573
Lonxitude: -8.42814981937
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84