
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Chantada / Chantada (comarca)
Parroquia: Pesqueiras (Santa María)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben: Mosterio de San Fiz de Asma
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Construción románica de gran valor histórico e artístico que, nos seus inicios, formou parte dun mosteiro beneditino que estaba anexionado ao mosteiro de San Paio de Antealtares a finais do século XV. Existe un documento de 1290 que se conserva no mosteiro que describe a compra realizada do mosteiro de Pesqueiras.
Está datada na primeira metade do século XIII e posúe nave rectangular e ábsida semicircular. Destacan os vestixios de época románica, como unha porta con dous arcos de medio punto apoiada sobre columnas lisas e capiteis con motivos vexetais.
No interior existen varias pinturas murais do século XVI con imaxes da Anunciación, a Resurrección e o Xuízo Final.
No exterior destaca a ornamentación da porta lateral, con decoradas arquivoltas de medio punto sobre capiteis vexetais.
No ano 1107 o desaparecido mosteiro recibíu varias doazóns de Ramón de Borgoña, Conde de Galicia.
Segundo unha inscrición, hoxe desaparecida, a construción tivo unha importante restauración no ano 1120 realizada por Juan Mateu.
Foi declarada Monumento Histórico-Artístico Nacional no ano 1950.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RB.000017444
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
A igrexa posuía unha pía bautismal de época prerománica, hoxe desaparecida.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://maisqueromanicorutas.com/category/lugo-2/santa-maria-de-pesqueiras/
http://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2018/02/santa-maria-de-pesqueiras-chantada.html
BIBLIOGRAFÍA
MOURE PENA, Teresa Claudina. Los monasterios benedictinos femeninos en Galicia en la Baja Edad Media: arquitectura y escultura monumental. UNED. Facultad de Geografía e Historia. Departamento de Historia del Arte. Tese doutoral 2015.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.630467875Lonxitude: -7.72885501385
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Out 30, 2013
Máis información neste enlace de Capítulo 0
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/10/11/santa-maria-de-pesqueiras-outro-tesouro-da-ribeira-sacra/
Grazas Manolo Gago.
Oscar Franco says:
Nov 15, 2018
Pinturas do interior desta igrexa. Fotografía do 14 de outubro de 2018.