Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: O Saviñao / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Diomondi (San Paio)
Lugar: Diomondi
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa, do século XII, pertencente ao estilo románico compostelán. A súa orixe está nun antigo convento beneditino, tendo gran semellanza coa igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño. Consta de planta rectangular e nave dividida en cinco tramos por arcos de medio punto apuntados. A fachada ten tres portas -as laterais están cegas-. A central ten un arco de medio punto con catro arquivoltas que descansan sobre fustes lisos de mármore dunha soa peza con dous grandes arcos de descarga aos lados e na parte interior do dintel ten unha inscrición. Os capiteis están decorados con figuras de arqueiros, cuadrúpedos e aves.

A igrexa conserva ao seu seu lateral norte un edificio, o Palacio de Diomondi, construído nos séculos XIII e XIV, que é un dos poucos exemplos de arquitectura civil que existen en Galicia. As súas dependencias utilizáronse como mosteiro e desde Odoario serviron de residencia de verán dos bispos de Lugo. Odoario, bispo de Lugo, pasou aquí os últimos anos de súa vida e algúns historiadores din que morreu neste mosteiro e logo foi trasladado a Lugo para o seu enterramento.

Todo o complexo foi declarado Monumento Nacional no ano 1931.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 5 de xuño de 2020 recolle a nova da licitación das obras que converterán este ben nun albergue do Camiño de Inverno (ver nova en referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

http://historiadegalicia.gal/2017/03/restauran-unha-xoia-romanica-en-lugo/
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/669408/la-xunta-inicia-las-obras-de-restauracion-de-la-cubierta-del-templo-de-diomondi
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2019/09/24/palacio-diomondi-futuro-albergue-encierra-viejos-enigmas/0003_201909M24C3991.htm

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/o-savinao/2020/06/05/licitan-obras-convertiran-palacio-diomondi-albergue-camino-invierno/00031591354489292419586.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/04/10/rehabilitacion-diomondi-seguira-previsto-viejo-palacio-obispalpalacio-diomondi/0003_201604M10C5991.htm


Onde está localizado

Latitude: 42.5944685654
Lonxitude: -7.71195173264
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84