Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: A Coruña (comarca) / Bergondo / Comarcas
Parroquia: Bergondo (San Salvador)
Lugar: Bergondiño
Outra denominación do ben: Mosteiro de San Salvador de Bergondo
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa de San Salvador de Bergondo ten a súa orixe nun antigo cenobio beneditino, do cal se conserva parte da estrutura, se ben non está en uso. A súa historia remóntase a mediados do século XII, cando é mencionado xa nunha carta na que Afonso VII lle concede certos privilexios, concretamente, no ano 1138. Posteriormente, no ano 1256, Afonso X lle concederá protección fronte as esixencias dos nobres dos arredores. En 1371 goza xa de privilexios totais.
No século XIV sufrirá un incendio (1342) que destrúe gran parte da documentación, pero a súa historia pode rastrexarse a través das diversas cartas de privilexios ou cédulas da coroa, como a que en 1370 ordena a Fernán Pérez de Andrade que non abuse dos bens do mosteiro. Créese que precisamente foi este nobre quen axudou a restaura-lo edificio tralo incendio de mediados de século, e de feito, pode verse o xabaril con cruz no lombo, símbolo identificativo deste liñaxe, a modo de acroteiro.
A igrexa presenta a típica orientación leste-oeste, con planta basilical de tres naves de catro tramos, sendo a central máis ancha e máis alta que as laterais. A articulación destas realízase por medio de piares cuadrangulares, máis grosos no paso á zona absidial, mentres que o alzado mostra arcos apuntados. As naves diferéncianse da ábsida por medio dun gran arco triunfal, que no caso da nave central acolle, grazas a súa altura, un rosetón.
A zona absidal presenta tres ábsidas semicirculares, cubertos por medio dunha bóveda de cascarón; a transición entre estas e a nave faise por medio dun pequeno tramo de bóveda de canón. O exterior amosa con gran claridade a articulación espacial do interior.
A fachada occidental, moi reconstruída, mostra dous grandes contrafortes, que franquean a entrada ao templo. O acceso, pola portada central, estrutúrase por medio de tres arquivoltas, con decoración axedrezada; as dúas interiores descargan en sendos capiteis con decoración vexetal. O tímpano é liso, e só contén unha molduración a base de arquiños lobulados cegos. Dous pequenas saeteiras franquean o acceso desta portada occidental, na que nunha actuación antiga se lle suprimiu o rosetón.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

No seu interior poden verse varios sepulcros medievais, así como pezas escultóricas de idade moderna


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

CASTILLO, DEL, A.; (1951), La interesante iglesia románica del antiguo monasterio de Bergondo, Anuario Brigantino, nº3, Betanzos

FERNÁNDEZ-GAGO VARELA, C; (1979-80): Monasterio de San Salvador de Bergondo (La Coruña), Abrente, nº 11 y 12, pp. 81-90, A Coruña,

FERNÁNDEZ PÉREZ, S.M; (2000), Estudio Histórico Artístico del Monasterio de San Salvador de Bergondo en la Edad Media, Anuario Brigantino nº23, pp, 379-412, Betanzos

FONTENLA SANJUAN, C; (1995), Iglesia de San Salvador de Bergondo: actuaciones en la década de los años 80, Anuario Brigantino nº18, pp.251-258, Betanzos

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BERGONDO/documents/1042CA071.pdf (p. 3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.32261761213145
Lonxitude: -8.241419792175293
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84