Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán)
Lugar: O Campo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. Na súa base podemos ver a base, na que destaca a reprsentación dunha caveira sobre dúas tibias cruzadas e uncaixón para as esmolas.
O fuste, moi esvelto e de sección cilíndrica, está decorado con figuración animal e xeométrica relacionados cos símbolos da Paixón de Cristo. Na parte alta podemos ver unha serpe alada enroscada no fuste. Da súa boca sae a lingua que parece querer chegar ao Cáliz.
O seu capitel está decorado con cabeciñas de anxos e botóns florais e o conxunto remata nunha cruz no que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe María de pé coas máns unidos ao peito no reverso.
O cruceiro esmoleiro foi restaurado no ano 1987.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA001.PDF (Páxina 4)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASNEVES/documents/0841CA004.PDF (Páxina 5)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=18018&ctre=55&volverFicha=true
https://cruceirosdegalicia.xyz/360340601.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (2007). AS NEVES: CRUCES, CRUCEIROS E PETOS. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1074572157
Lonxitude: -8.38635161519
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84