Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Mourente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro erguido sobre unha plataforma de tres chanzos, estando o primeiro parcialmente soterrado no asfaltado. O baseamento é cúbico coas arestas superiores achafranadas. Na beira do anverso, distínguese unha inscrición moi erosionada e que xa non se pode ler. Inda que Carlos Valle deixounos en 1977 o seu contido:
ESTA OBRA LA MAN
DO HACER POR SU DE
BOCION Dn. JPH ANTº
MILLAN SAMIENTO
AÑO DE MDCCLXIV
Segundo esta inscrición, o retablo é de 1764.
Na beira dereita do baseamento podemos ver o oco dun peto para as dádivas e varias fendeduras. Novamente, Carlos Valle nos fala dun retablo de ánimas nesta cara do baseamento que xa en 1977 non era doado de distinguir. Valle fala dunha barca con tres cabezas en chamas baixo o peto, e de dúas figuras nas beiras, parecendo a da esquerda unha figura encarapuchada.
O varal e oitavado non sendo na súa base que é sección cadrada. O capitel e composto con querubíns entre as volutas angulares e sendo o ábaco de lados curvos.
A Cruz é nudosa cun pequeno Cristo de talla tosca no anverso e a imaxe da Virxe das Dores no reverso, sendo esta de mellor feitura que o Cristo.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Carlos Valle recolle unha lenda segundo a cal un rapaz que pintou os santiños do cruceiro, supoñemos que os do retablo, quedoulle a man revirada e moura e non curou ata que limpou ben a desfeita que fixo.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Valle Pérez, José Carlos “Los Cruceros en la parroquia de Mourene (Pontevedra). Revista Gallaecia, nº2. La Coruña, 1977. Páx. 205-207.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4378833543Lonxitude: -8.61305326223
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Pablo Eirín says:
Dec 9, 2017
Recentemente derrubado por un vehículo. Amoso un par de fotos onde se ve a desfeita
Oscar Franco says:
Ago 29, 2019
A prensa dixital do 22 de agosto de 2019 recolle a nova da restauración deste cruceiro:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2019/08/22/cruceiro-iglesia-mourente-recuperara-estado-original/00031566490563061312885.htm?fbclid=IwAR1Wn-uVKAzs8zzUv9tqyuH2nrYuQTSgtGXaPOWCCKvGkhzhxfaaag-nOG4