
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Arzúa / Arzúa (comarca)
Parroquia: Campo (Santo Estevo)
Lugar: Outeiro (A Mota)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A capela atual data do s. XIX, tendo a sua origem como lugar santo a partir da Rota Jacobeia. Os pelegrins que vinham de Sobrado polo Caminho Norte faziam aqui noite antes da última etapa até Compostela.
Tem umha romaria mui popular o 21 de setembro na honra de Sam Mateus, e outras duas celebraçons de menos sona por Sam Bartolomeu (24 de agosto) e Sam Simom (28 de outubro).
A capela é a meirande do concelho, e guarda um retábulo do s. XVIII de estilo barroco no qual só estám no alto as imagens de Sam Pedro, Assunçom e Sam Paulo, pois o resto só se sacam para as festas.
Ao redor há umha bonita carvalheira, um cruzeiro de cruz simples e umha fonte de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Recolhia-se terra dos arredores da capela (a “areia do santo”) para botá-la no campo previndo assim pestes. Também se passeiava o gado dando-lhe umha volta à capela para pedir polo seu cuidado, chegando em casos a doar algum animal ao templo.
Para sandar o bócio fazia-se a cirimónia de “cortar o lobinho”, passando o coitelo que tem a imagem de Sam Bartolomeu polo pescoço de quem tem a enfermidade (que cria abultaçons nesta parte do corpo) ao tempo que se di: “Que che dea sanidade e che quite a enfermidade pola virtude do santinho. Amém”. Também se podia passar o Santo ou umha pequena imagem pola cabeça ou ombreiros dos doentes, o qual se nomea como “pór o Santo”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.98531159Lonxitude: -8.20595026016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mar 4, 2015
A Ermida da Mota no catálogo do
Concello de Arzúa do ano 2008
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARZUA/documents/22210CA032.PDF
pax 2 do pdf