Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Castrelo do Val
Parroquia: Gondulfes (Santa Cruz)
Lugar: Monteveloso
Outra denominación do ben: Pena Boeira
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Balcón natural sobre o val do Támega a mil metros de altura, nunha zona moi interesante xeoloxicamente. Toda a parte sur, oeste e norte está defendida por penedos cortados a pico e con moitos metros de desnivel. Na parte que conecta co resto da serra existen restos dun muro semicircular seriamente danado polos cortalumes forestais.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32021010
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contaba unha señora de Feilas que a súa bisavoa tiña un porco que todas as mañás marchaba ata o castro e non volvía ata a noite. Descofiou a señora se os mouros lle daban mantenta, pois o animal non comía nada ma casa, pero aínda así, estaba gordo e fermoso. Mais cando chegou o tempo da matanza e a dona quixo coller o porco, este fuxiu e nunca máis soubo del.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CASTRELODOVAL/documents/26686CA016.PDF
pax 10 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9983836839
Lonxitude: -7.36622035503
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84