Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vilardevós
Parroquia: Osoño (San Pedro)
Lugar: Osoño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Vense poucos restos de superficie, pero o outeiro destaca bastante na chaira da Encomenda, como lle chaman os veciños á zona. Ten unha visión periférica moi ampla e distante. Na parte norte vense aínda de maneira clara dous foxos moi profundos de ata catro metros, pero no sur o xacemento está moi deslabazado por culpa tanto das pistas forestais novas como dun depósito de carga de helicópteros antiincendios que fixerón xusto no alto.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32091015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Din que unha vez, un pai que tiña tres fillas estaba chorando desesperado porque estaba na pobreza máis absoluta. E nesto que un mouro aparecéuselle de entre as penedas e díxolle “se me dás unha das túas fillas, énchote de ouro e rematas coa túa pobreza”. E o home, sen pensar, díxolle que si. Pero ao día seguinto o home xa estaba arrepentido, a pesares de que o mouro enchera a súa casa de ouro e nunca máis había ter problemas económicos, así que cando levou á rapaza ao mouro fillo o “nome do pai” e con auga bendita abriu un burato no chan que tragou ao mouro. Ao pouco, o home morreu pola maldición do mouro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.935359598
Lonxitude: -7.37389147282
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84