Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vilardevós
Parroquia: Traseirexa (Santa María)
Lugar: Moimenta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Outeiro protexido polo regato Porto e que sempre tivo fama de ter proporcionado moitos restos atopados polos veciños, como puñais, muíños de man e moitas pedras reutilizadas nas casas da Moimenta. Vense traballos de foxo e muro, moi colmatados polo tempo. No alto de todo semella haber unha especie de lagar totalmente atuído. No lado do río cae a pico e non ten construción algunha.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32091031
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Antiguamente había unha ponte feita cunha soa pedra longa e curva que hoxe está facendo de altar diante da capela da aldea, e que segundo conta a lenda, fíxoa unha moura nas canteiras da Veiga das Meás e trouxoa na cabeza, como sempre fixeron as mulleres coa leña, a herba ou os cántaros, para poñela no paso do río e poder vir dende o castro sen mollar os pés.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8991666863
Lonxitude: -7.33910322189
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84