
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Estrada
Parroquia: Oca (Santo Estevo)
Lugar: Castrotión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O outeiro que ocupaba o castro, a unha altitude de 240 metros, amosa acusadas pendentes pola banda oeste. Podemos ver por ese lado unha gran zona desmontada para a extracción de pedra. Atendendo a medidas feitas por ortofoto, a croa superior tería uns 130 metros de diámetro. Hoxe hai nese lugar un centro de saúde e unha escola
Segundo podemos ler na ficha do PXOM do Concello da Estrada, e seguindo as descricións de Bouza Brey, o castro xa estaba destruído no ano 1936 por unha canteira e tiña na parte superior un círculo de pedras duns 17 metros de diámetro e fondamente fincadas. No centro do círculo erguíase a capela coa advocación a Nosa Señora de Castrotión.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: GA36017031
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca001.PDF
pax 34 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.753519725Lonxitude: -8.38987469673
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Feb 20, 2015
Acceso web á ficha de Castrotión no PXOM do Concello da Estrada do ano 2013.
(pax.34 do pdf)
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2013/11/circulo-litico-de-castrotion-castrotion.html
Información complementaria a esta ficha: Novas de Xabier Moure no blog de Moncho Boga
sobre o círculo lítico que hai no castro
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2013/11/circulo-litico-de-castrotion-castrotion.html
As fichas do círculo lítico e a capela de Castrotión, de Xabier Moure, en patrimoniogalego.net
http://patrimoniogalego.net/index.php/51501/2013/11/circulo-litico-de-castrotion/
http://patrimoniogalego.net/index.php/51510/2013/11/capela-de-castrotion/