Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: A Estrada
Parroquia: Riobó (San Martiño)
Lugar: Os Besteiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Fortaleza de época medieval da que tan só resta parte da cimentación, así como restos das estruturas defensivas, aínda que non son moi visibles por mor da densa vexetación que cubre o lugar no que se emprazaba. O que se pode observar de maneira máis notable son partes dos muros de perpiaños que dan cara os grandes taludes que encaixonan o esporón do río Oca, onde esta se asenta, e que formarían parte das bases do recinto que albergaba a fortaleza. Accédese pola zona nordés
Segundo López Ferreiro (1901) a fortaleza posuía unha planta de forma trapezoidal duns 22 m. de longo por uns 15 m. de ancho no lateral leste e 15,50 m. no lateral oposto, cuns muros de case 2 m. de espesor. Os catro ángulos estaban reforzados por 4 contrafortes, de forma cuadrangular no lado leste e circulares no lado de poñente. A entrada situábase no lateral norte, protexida por un corpo saínte, e comunicada co edificio por medio de outra porta practicada na planta baixa.
Na pregunta 18 do Interrogatorio presentado polo letrado Dr. Pedro Cisneros no preito Tabera-Fonseca, tamén temos unha posible descrición do que podería ser esta fortaleza derrubada polos irmandiños. Comezado o preito no 1526, son interrogados varias testemuñas sobre o estado actual das fortalezas que se deberan arranxar para volvelas ao seu estado orixinal despois das revoltas. Por pertencer a Igrexa Compostelá, Juán Tabera ao ser nomeado Obispo de Compostela reclamáballe ao antigo rexedor Alonso de Fonseca II dez millóns de marabedís, para poder levar a cabo o labor.
A pregunta comezaba así:
“Si saven que la fortaleza de la Barrera antes e al tiempo quel dicho señor patriarca ubo el dicho arçobispado de Santiago y mucho tienpo y despues estaba enhiesta e edificada en la manera siguiente: conbiene saber que tenia tres patios y en medio del patio de dentro una bara de casa de torre de omenaxe de tres o quatro sobrados guirnaldada con sus almenas el aguirnaldada cubierta e tejada de teja sobre madera y ençima en el remate del tejado una taza o bazia de piedra grande y la pared de la dicha bara de casa de canteria de piedra de grano y argamasa de anchor de mas de media lança bien cunplida y a los lados de la dicha torre abia dos salas de aposiento labradas de piedra de grano y cubiertas de madera de castaño debaxo de las quales avia caballeriças y pesebreras con todo su atabio y serbiçio para mas de çien caballos çerca de las quales estaba un poço muy bien labrado con sus gradas de canteria que baxaba hasta llegar a la agoa a fondo del dicho poço.”
Na segunda imaxe da ficha podemos ver o mapa de pendentes do ano 2009 do páxina CDIX do IDE, Instituto de Estudos do Territorio.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36017039
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Gónzalez Rodríguez, Angel. Las fortalezas de la Mitra Compostelana y los “Irmandiños”: Pleito Tabera-Fonseca . Colección Galicia histórica. Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento Fundación Barrié de la Maza A Coruña, 1984 ISBN: 84-85728-39-X
Enlace web
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca001.PDF
pax 42


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7438448124
Lonxitude: -8.40398311615
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84