Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Moaña
Parroquia: Meira (Santa Olalla)
Lugar: Meira
Outra denominación do ben: Igrexa de Santa Baia de Meira
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa parroquial de Santa Olalla (ou Santa Baia) de Meira é unha edificación barroca que sufriu varias modificacións ao longo dos séculos XVII e XVIII.

Ten pranta de cruz latina, dunha soa nave, cruceiro cuberto con cúpula, capelas laterais a modo de transepto e a capela maior na cabeceira. Ésta cúbrese de bóveda de cruzaría, con nervos apoiados en ménsulas decoradas con cabezas humanas e clave con roseta, igual que o brazo dereito do transepto, mentres que o esquerdo cúbreo unha bóveda de canón. O cruceiro cúbrese cunha cúpula sobre pendentes, sen tambor, cunha lanterna central. A capela da dereita data de 1697, mentres que a capela maior e o cruceiro foron finalizados no ano seguinte.

A cuberta primitiva era de madeira, a dúas augas, como aínda se pode apreciar no arco que da paso da nave ao cruceiro, pero foi sustituída en 1710 por unha bóveda de canón, dividida en catro tramos por tres arcos faixóns apoiados directamente sobre a imposta do muro, e reforzados no exterior con contrafortes.

A portada data tamén de 1710, e consta dunha porta con arco de medio punto enmarcado por columnas toscanas montadas sobre plintos, que sosteñen un frontón partido por un nicho que acolle a estatua da patroa do templo, baixo unha cuncha de vieira. Sobre esta porta, ábrese un óculo á altura da tribuna, que dá luz á nave. A espadaina, con dous arcos, levántase sobre o pincho, e data de 1828. Completa a decoración exterior pináculos piramidais rematados en bolas.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa hai, ademais de varias imaxes de virxes e santos, dous interesantes retablos. O máis antigo está na capela da dereita, presidido por unha imaxe da virxe das Dores, e data de 1699, de cando a construcción da mesma. En dúas cartelas, aparece mencionado o mecenas “ESTA CAPILLA Y RETABLO HIZO Y PINTO A SV COSTA // D. PASQUAL PARDO DE LA PEÑA SIENDO … (e interrúmpese)”. O retablo da capela maior, con cinco santos rodeando a imaxe central dun Cristo Salvador, é obra de Gregorio Pardo e data de 1738.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.28999082045696
Lonxitude: -8.720454275608063
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84