Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Oia
Parroquia: Mougás (Santa Uxía)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A primitiva igrexa de Santa Uxía de Mougás debeu ser de estilo románico, como o testemuñan a cruz antefixa no seu cume e restos de labras decoradas, quizais aproveitadas, cando se levantou a actual edificación, posiblemente en 1698, data que aparece gravada nunha das columnas da igrexa. O templo, de planta rectangular, consta de tres naves con arcos de medio punto apoiados en sinxelas pilastras e ábsida cuadrangular. A nivel interior destacan os interesantes retablos barrocos do século XVIII de indubidable valor artístico.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

Aparece a representación dunha cabeza de porco, nun modillón situado no centro da cornixa, na cabeceira da Igrexa de Mougás, o único, que se conserva como testemuña da existencia dunha antiga capela de época románica, a cruz indícanos o triunfo de Deus sobre o pecado.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2013/05/capitulo-iii-de-iv.html

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OIA/documents/0856CA001.PDF
Páxina 1


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0493766894
Lonxitude: -8.87420654297
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84