Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: San Xosé de Ribarteme (San Xosé)
Lugar: Bocas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro situado nun penedo rochoso, que nace sobre unha base cadrada coas arestas rebaixadas. O seu varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, da paso a un capitel moldurado que destaca polas súas caveiras nos seus catro lados.
O conxunto remata nunha cruz de tipo latina no que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas sobre unha peaña circular no reverso.
O cruceiro posúe un entramado metálico a modo de enreixado que remata en teitume a catro augas con tella curva do país.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360340802.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (2007). AS NEVES: CRUCES, CRUCEIROS E PETOS. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1117910703Lonxitude: -8.39521631598
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Castrexo says:
Feb 2, 2020
Ese cruceiro foi movido fai uns anos, ese non e o emplazamento orixinal, baixando pola pista uns 30 metros antes do cruceiro hai un ramal que enlaza co camiño dos frades, ese e o emplazamento orixinal. Actualmente esta en bo estado de conservacion grazas ós veciños que até lle fixemos ese tipo de entramado metalico e o tellado para a sua conservacion e proteccion.