Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oímbra
Parroquia: Oímbra (Santa María)
Lugar: Oímbra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Este castro domina toda a marxe dereita do Támega antes de pasar a fronteira actual con Portugal. O nome de Oímbra podería ser identificado facilmente coa tribo citada no Padrón dos Povos de Chaves dos Aobrigens, pero esto estaría aínda por confirmar pola epigrafía… Hai testemuños de sobra de achádegos fortuitos de pedras labradas, columnas e muíños de man, ademais dun par de vivendas redondas que quedaron desfeitas cando se fixeron as pistas. Varios penedos con furos delatan a existencia doutras vivendas xa desaparecidas. Ademais, vense moi ben os restos de terrapléns das vellas murallas, pero calquer material susceptible de ser reutilizado xa o foi hai moito tempo.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contan que unha vella que, estando na sombra dun carballo, pasando o tempo no mediodía dunha calor tremenda, de súpeto escoitou chorar a unha nena entre as xestas que hai cabo do Soutullo. A nena, rubia, fermosísima, chamou a atención da vella, que lle preguntou onde estaban os seus pais, pero ela non respondeu. Pero a vella, non querendo deixala alí ao raso, levouna para a súa casa e coidouna o millor que puido. A nena non paraba de chorar e parecía consumirse coa pena, así que na casa decidiron ir todos os días ao lugar onde a atoparan para ver se os pais aparecían. O caso é que un día, no lugar, estaba unha moura belísima, vestida cunha túnica branca, e peiteándose nun penedo, e laiábase cantando sempre o mesmo:
“ai, miña nenerenenereniña
ai, miña nenerenenerena”
Foron a présa a pola nena e entregáronlla á muller. A vella, non dándolle máis importancia ao asunto, volveu ao día seguinte ao mesmo lugar para levar a facenda, e alí, envoltas nun pano branco de liño había moitas fabas. Levounas á casa coa intención de sementalas, pero ao abrir outra vez o pano, no canto de fabas, estaba cheo de pepitas de ouro, co que a familia se volveu rica para sempre.

Tamén contan que as cobras, no outeiro, se lle meten pola boca aos homes cando están durmindo no campo, pero que os lagartos avisan aos homes cando esto vai acontecer, baténdolle co rabo na cara. Seica ás mulleres non as avisan.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8886206977
Lonxitude: -7.47329950332
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84