Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Monte Xanín
Outra denominación do ben: Cruceiro da Torre, "cruceiro da emisora"
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro senlleiro por estar nun lugar illado, no límite das parroquias de Santa María de Mourente e Santa Mariña de Bora.
Consta dunha plataforma de tres chanzos parcialmente soterrados e cubertos de maleza. O baseamento é cúbico do que se ergue un varal oitavado cun santiño no anverso na súa altura media. O santiño, seica é San Antonio, viste hábito franciscano. O capitel está formado por volutas angulares con querubíns na parte media das faces. A cruz é lisa de sección rectangular cunha virxe das dores (moi semellante ao do cruceiro da Bouza) no reverso, e un Cristo crucificado no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Un membro da comunidade de montes faloume dun camiño cruce de Camiños Reais no que se asentaría o cruceiro. Seica tamén se conta que con anterioridade a igrexa parroquial estaba situada neste lugar. pero que foi trasladada e xa non queda dela nada alí.
José Carlos Valle recolle nun artigo que no mes de abril celebrábase a “Rogativa mayor”. Unha profesión saía da parroquia de Mourente e reuníase con outra que viña de Bora, polo que este cruceiro marcaría claramente os límites entre ambas parroquias.
Valle tamén cita o costume e a cerimonia que se realizaba cos nenos que tardaban en aprender a andar e mesmo as ofrendas por mor de familiares enfermos. Tamén menciona a devocións de algúns veciños polo Santiño San Antonio do varal.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Valle Pérez, José Carlos “Los Cruceros en la parroquia de Mourente (Pontevedra)”. Revista Gallaecia. Publicación del Departamento de Prehistoria y Arqueología. Facultad de Geografía e Historia. Universidad de Santiago de Compostela, 1976. Páx. 210-211.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4375296175Lonxitude: -8.60309824347
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84