Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergantiños (comarca) / Ponteceso
Parroquia: Brantuas (San Xián)
Lugar: Brantuas de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro atópase a uns 150 metros ao oeste da Brantuas de Abaixo, na estribación leste do Monte Faro, no lugar chamado As Croas, e a 110 metros de altitude. Está dominando o pequeno val por onde discorre o rego do Xarea que se xunta co río do Castro a 1,5 km. máis abaixo . Na súa contorna esta o castro do Monte das Croas de Niñóns, a 1,5 km. ao nordés, e o Castro de Nemeño e o da Coteleira a 2 km. ao leste (aprox.) , este último na parroquia de Cores. O asentamento componse dunha croa de forma redonda rodeada por dous parapetos concéntricos. O recinto exterior ten unha lonxitude, contando a anchura total das defensas, duns 95 metros de diámetro. Cara a parte que dá ao monte, o cuadrante noroeste, este acada a súa maior altura de aproximadamente 4 metros. O parapeto interior, que alberga a croa mide uns 40 metros, quedando esta reducida a un diámetro duns 35 m. aproximadamente no seu interior. Nos planos lidar apréciase unha terceira defensa a uns 40 metros do parapeto máis exterior, e moito máis esmorecido, pola banda noroeste, pois por esta lugar o asentamento, debido as condición naturais do terreo sería moito máis vulnerable. O castro non está catálogado e foi informada a súa existencia á Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2762054955
Lonxitude: -8.90122175217
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84