
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: A Guía
Outra denominación do ben: Muíño "de La Regente” // Muíño do Penedo // Muíño do Fedorento
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Muíño de torre fixa de sección case cilíndrica cunha altura aproximada de 4’5 metros, feita a base de cachotería granítica encintada, que se asenta sobre unha plataforma elevada e rochosa. A súa cuberta, hoxe desaparecida, era xiratoria xa que no cumio das paredes presentan unhas pezas de cantería con canella por onde circularían as rodas da cuberta.
Na cara Sur podemos ver a porta de entrada e, obre ela, unha pequena fiestra; posúe dúas máis nas caras Oeste e Noroeste.
No interior, hoxe baleiro, destaca unha lareira na cara Oeste, e un forno. Tamén podemos ver dúas despensas a diferente altura, o que presupón que o muíño tería dúas alturas
Na parte superior aparecen catro argolas, que terían a finalidade de amarra-la cuberta xiratoria unha vez orientada ó vento.
Non se conservan os elementos mecánicos, pero sábese que tiña catro velas de lenzo e unha pedra para moer.
Este muíño serviu como polvoriño para gardar en depósito armas (cartuchos, revólveres e pistolas), e sobre todo moitos quilos de dinamita, pólvora e mechas. A dinamita era utilizada na construción do Porto da Guarda, nas canteiras do Trega e Torroso, na apertura da estrada das Patas, na estrada do Curuto cando a ampliación a Tui, así como na canteira de San Queitano do Grelo.
Existen referencias deste muíño no Arquivo Municipal do Concello de A Guarda que datan de 1753.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AGUARDA/documents/0799CA006.PDF (Páxina 3)
http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/010
http://www.galiciasuroeste.info/varios/muinhosdevento.htm
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/molinos-de-viento-de-a-guarda/
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. GLAUCOPIS. Boletin del Instituto de Estudios Vigueses. Año III – Número 3 – 1997
MARTINEZ DO TAMUXE, Xoán. Noticias sobre desaparecidos muños de vento. En : San Juán de Tabagón: Historia, Fiesta y Cultura. 1997. O Rosal.
BAS LÓPEZ, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9052594853Lonxitude: -8.8781440258
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84