Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: O Muíño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Muíño de torre fixa de sección cilíndrica, feita a base de cachotería granítica irregular encintada. Cunha altura aproximada de 4’8 metros, o muíño posúe tellado cónico e fixo, aínda que na súa orixe tiña cuberta xiratoria pois os muros rematan en pedras de cantería levando unha canella central por onde xiraba a cuberta con velas de lenzo.

Posúe unha porta de acceso e catro pequenas fiestras unha dela por riba da porta.

Por fontes orais sabemos que o muíño era de dúas plantas, a superior era utilizada como vivenda do muiñeiro, mentres que a planta de abaixo era ocupada polos elementos mecánicos e a pedra de moer.
Polas mesmas fontes sabemos que aínda era usado a principios do século XX.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AGUARDA/documents/0799CA006.PDF (Páxina 3)
http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/011
http://www.galiciasuroeste.info/varios/muinhosdevento.htm
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/molinos-de-viento-de-a-guarda/

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. GLAUCOPIS. Boletin del Instituto de Estudios Vigueses. Año III – Número 3 – 1997
MARTINEZ DO TAMUXE, Xoán. Noticias sobre desaparecidos muños de vento. En : San Juán de Tabagón: Historia, Fiesta y Cultura. 1997. O Rosal.
BAS LÓPEZ, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9032113156
Lonxitude: -8.87867510319
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84