Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: A Balea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Trátase de dous muíños acaroados propiedade de Juan Fuentes, situado na beira dereita do río Rons. Os muíños, e as terras a carón, pertencen a familia Fuentes dende hai xeracións. Trátase pois de dous muíños de maquía ao que acudían os veciños da parroquia de Cerponzóns.

Os muíños están nunha soa estrutura de muros de cachotería con cuberta de carpintería de madeira e tella artesanal. O espazo interior está divido por un muro que separa os tremiñados dos dous muíños ao que se acceden por portas nas paredes testeiras da construción. As paredes costais van paralelas a beira do río Rons. Pola costal que mira o río podemos ver dúas bufardas verticais e os buracos de inferno correspondentes a cada muíño. En ambos buracos podemos ver conservados e mantidos os rodicios de fundición. Ambos desembocan nunha canle que chega ao río Rons por debaixo dunha pontella.

Pola outra beira do muíño podemos ver as canles de abastecemento, feitas en cantería de granito. Ámbalas dúas son abastecidas por un suco que nace da outra beira do viaduto da N-550 que vai de Pontevedra a Santiago. Cando foi da construción e ampliación desta vía, o dono insistiu a construtora en que mantivera a abastecemento do suco do muíño mediante unha tubeira de formigón de 80 cm. de diámetro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4719570351
Lonxitude: -8.63855838776
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84