Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzós (San Vicente)
Lugar: A Balea
Outra denominación do ben: Muíño vello
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Muíño con vivenda propiedade de Juan Fuentes e que está situado na beira esquerda do río Rons. Só se conserva un muro de cachotería coas xambas e lumieiras das portas en bos perpiaños ben traballados. Neste muro podemos ver os marcos de dúas portes en diferentes niveis salvando a forte pendente. Na lumieira do marco inferior pódese ver o seguinte epígrafe:

ANO D 1837 lo hi
zo Juan Gonzales
f?ndado?

Entre as dúas portas hai un gran perpiaño a modo de ponte sobre a canle de abastecemento que percorre 50 metros dende a súa ceña situada a carón da pontella. A ceña está traballada en boa cantería de granito. A canle de abastecemento percorre entre o río Rons e un muro de contención en cachotería con 2 metros de altitude. No seu tramo final ten máis de metro e medio de ancho. Hai un par de chanzos en perpiaño que permiten descender dende esta cuberta a porta inferior onde se sitúa o epígrafe.

O resto da construción está derrubada e non se conserva nin o chairo, nin as moas nin os buracos do inferno.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Seica os seus últimos moradores foron dous irmás que viviron neste muíño a principios do século XX.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Parcialmente derrubado e cuberto de maleza. A ampliación da N-550 afectou parcialmente a estrutura.


Onde está localizado

Latitude: 42.4714570867
Lonxitude: -8.63865494728
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84