Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Moaña
Parroquia: Tirán (San Xoán)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Igrexa de San Xoán de Tirán conserva unha boa parte da súa primitiva fábrica románica, con algúns engadidos posteriores. Está situada no Igrexario de Tirán, xusto ao borde da ría de Vigo, co mar lambendo as pedras do seu adro.

A igrexa, de reducidas dimensións, é de pranta rectangular, cunha soa nave, e capela cadrada no testeiro. A nave principal, obra do século XIII, ten cuberta de madeira, a dúas augas. O presbiterio pola contra é do século XVIII, e está cuberto por bóveda apuntada.

Na fachada occidental consérvase ainda a portada románica, con tres arquivoltas planas, sen baquetón, apoiadas en tres pares de columniñas nos derrames, con fuste liso e capiteis pseudocorintios con follas dispostas en dúas ordes. O tímpano orixinal, sen decoración, foi alterado para abrir un arco e agrandar a altura da porta. No frontis da fachada érguese unha espadaina rematada en frontón triangular, con dous arcos para os sinos, todo rematado con cruz e pináculos piramidais nas esquinas. Unha escaleira lateral serve para acceder ás campás.

No interior destaca o arco triunfal que dá paso ao presbiterio, con dúas arquivoltas, e que se apoia en ménsulas adosadas ao muro. A da esquerda está decorada cun home cos brazos en alto sostendo unha banda horizontal coas mans, ademais doutras cabezas e volutas nas esquinas. O capitel da dereita está decorado con follas e volutas.

No exterior tamén destacan a colección de canzorriños ao longo do aleiro, algúns xeométricos, pero outros con decoración de cabezas de boi, e outras figuras animais e humanas.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.26932041420885
Lonxitude: -8.747820854187012
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84