Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Baños de San Xusto
Outra denominación do ben: Fonte da Carballeira de San Xusto.
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pequeno deposito de perpiaño de granito con de dous canos metálicos que desemboca nunha pía tamén en granito. Esta a súa vez desauga nunha canle que tras cruzar soterrada o asfaltado de estrada, atravesa toda a carballeira de San Xusto en zigzag.
O nome dos nenos santos fai referencia a San Xusto e San Pastor a quen está adicada a capela próxima.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Hoxe en día xa non hai na parroquia quen lembre a fonte por tal nome nin cerimonia algunha nela, pero segundo o testemuño de José Luís Fuentes (1976, 262), seica era costume lavar os santos da veciña capela na fonte do seu nome e que se tiña moito coidado de non soprar neles, xa que de facerse tal sopraría un vendaval moi forte o 6 de agosto e o resto do verán.
José Luís Fuentes tamén fala do “Angenido”. Seica houbo un tempo no que había nenos enfermos de raquitismo e que era costume levalo a lavar a fonte durante nove días seguidos acompañado de tres Marías. Ao chegar á fonte, mollaban ao rapaz e o pasaban entre as tres Marías mentres se preguntaban e respondían:
-Toma María
-¿e qué me das?
-Douche o “Angenido”.
-O “Angenido” non o quero. Quero a fulano (Fulano sería o nome do rapaz enfermo) san ou vivo.
O derradeiro dia levaban un pote de barro virxe (sen usar) e ao retorno o rompían nunha encrucillada de camiños. Outras veces ían ao cura para que lles botara incenso e seica outras, as máis, forzaban a porta da capela para darlles a bicar ao neno enfermo a estola vermella.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Fuentes Fuentes, José Luís. “La Romería de San Xusto en San Xurxo de Sacos”. Revista Gallaecia. Publicación del Departamento de Prehistoria y Arqueología. Facultad de Geografía e Historia. Universidad de Santiago de Compostela, 1976. P. 262.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5169282257Lonxitude: -8.51008057594
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84