Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Xeve (Santo André)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño situado na beira esquerda do rego de Sobral no lugar do mesmo nome. É de planta rectangular coas paredes costais paralelas ao regato. Ten muros de cachotería e perpiaño e teitume de uralita. A boca de inferno cae directamente no regato.

Situado nunha forte pendente ten uns chanzos para baixar dende a porta, situada na parede testeira que mira á desembocadura, á ribeira. O caudal venlle dunha tomada situada uns cen metros máis arriba. A canle de abastecemento está cuberta por terra e maleza pero é ben visible inda que non podo saber si é un sulco o unha canle feita en cantería de pedra.

É de destacar a porta, traballada en perpiaño de boa cantería no que se reutilizou unha moa para a lumieira da porta. Na xamba da esquerda podemos ver gravadas unha cruz e un símbolo que ben podería ser unha cruz sobre un pedestal triangular, e cuberta por una semielipse que sae dos mesmo brazos da cruz.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4547192728
Lonxitude: -8.59868735075
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84