Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Xeve (Santo André)
Lugar: O Couso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro alzado sobre unha plataforma elevada rodeada parcialmente polo muro de contención dunha leira. A plataforma ten tres chanzos cun baseamento coas arestas superiores rebaixadas. O varal é oitavado con dous santiños, un enriba do doutro, no anverso. O inferior viste hábito franciscano e suxeita un libro aberto coas dúas mans. O santiño superior leva indumentaria de peregrino (Santiago apóstolo). O capacete é moi sinxelo con unha ringleira de follas na parte inferior e volutas angulares moi pequenas na parte superior. Entre as volutas podemos ver cabezas de querubíns de forma moi esquemática e con pouco detalle.
A cruz é de brazos oitavados cun Cristo coas costas separadas da cruz no anverso e unha virxe no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4575164752
Lonxitude: -8.61011087894
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84